Balidea renova a alianza con Sitecore

Balidea renova a alianza con Sitecore

Balidea segue a ser socia tecnolóxica certificada do recoñecido fabricante danés de software. Este partnership, iniciado en 2012 e anovado en setembro deste ano, permítenos ofrecerlle á nosa clientela produtos de vangarda de Sitecore e os servizos de mantemento.

Sitecore foi fundada en Copenhague en 2001 para darlle resposta á necesidade de crear e administrar sitios web dunha maneira máis eficaz. As súas solucións foron pioneiras no uso de tecnoloxía Microsoft.net. Hoxe é unha compañía global, líder en software de xestión de contidos web e software de xestión de experiencia de cliente, sistemas que recibiron numerosos premios.   

Comparte este post: