ADESTRapp asina un convenio de colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol para facilitar o seu uso polos clubs galegos

ADESTRapp asina un convenio de colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol para facilitar o seu uso polos clubs galegos

ADESTRapp vén de converterse na ferramenta de videoanálise oficial da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Grazas ao convenio asinado este martes, todas as seleccións galegas de fútbol, fútbol sala e árbitros utilizarán ADESTRapp durante a tempada 2019/2020. Ademais, os cursos de formación de adestradores da RFGF incluirán material didáctico desta ferramenta, para que o alumnado poida afondar nas vantaxes competitivas da análise en tempo real.

A sinatura do convenio proporcionará tamén vantaxes aos clubs de Galicia que aposten pola introdución das TIC no seu traballo. Así, os 15 primeiros pedidos que se realicen por medio da Real Federación Galega de Fútbol terán un desconto de 20% sobre o prezo, que será do 10% a partir do pedido número 16.

A sede da RFGF en Santiago de Compostela acolleu este martes a sinatura deste convenio. No acto participaron Lorenzo Rodríguez, director xeral de Balidea; Pablo López, responsable do proxecto; Iván Cancela, presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola Galega de Adestradores; e Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol.

A Real Federación Galega de Fútbol agrupa a 1.863 clubs de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico de Galicia. A versatilidade de ADESTRapp como ferramenta de captación, transmisión e análise de vídeo aplicado a contornas de alta competición e adestramento convérteo nun produto atractivo para equipos de todas as categorías. No máximo nivel xa foi empregado con éxito por clubs como o Atlético de Madrid, o Deportivo da Coruña, o Betis, o Leganés, o Málaga, o Ao Nasr Club de Dubai e Shangai Shenhua. Tamén se está a empregar por equipos doutras disciplinas, como o Obradoiro CAB de baloncesto ou o Judo Club Coruña. 

Comparte este post: