Balidea, de novo proveedor homologado para Copenhague

Balidea, de novo proveedor homologado para Copenhague

Balidea acaba de se converter na única empresa non danesa homologada no acordo marco web para consultoría e execución de proxectos da cidade de Copenhague. Esta homologación, que ten unha validez de catro anos, conseguiuna xunto ao seu socio local Kruso.

FFWW, Eksponent, REload y Netcompany son o resto de empresas homologadas neste acordo marco.

Esta homologación supón un  novo logro para  Balidea, nun país no que cada ano o sector público gasta aproximadamente 40 mil millóns de euros en bens e servizos proporcionados por empresas privadas.

Ampla traxectoria en Dinamarca

Tamén en asociación coa empresa local Kruso,  Balidea xa foi homologada no anterior acordo marco, polo que desenvolveu diversos proxectos para o Concello da capital danesa vinculados ao seu ecosistema web, que dispón de máis de 300 sitios web de servizos aos seus empregados e cidadanía. Un dos máis recentes, foi o desenvolvemento en Drupal9 do novo portal Evento, que aglutina un total de 32 webs do concello de Copenhague.

Balidea, que chegou a Dinamarca en 2012, conta no país nórdico coa confianza de institucións como a Axencia Danesa da enerxía, un dos seus principais clientes neste país.