Balidea participa nunha xornada da USC en prol da innovación no ámbito sociosanitario

Balidea participa nunha xornada da USC en prol da innovación no ámbito sociosanitario

A xornada “Avanzando xuntos cara á Innovación no sector do Envellecemento”, que é o evento central do #SeniorInnovationLab, celebrarase o mércores 1 de decembro no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no marco do INVENTHEI (EIT - HEI Initiative), unha iniciativa centrada no impulso da capacidade de innovación na formación universitaria de posgrado.

Nesta xornada participará María del Carmen López Pérez, responsable da área de I+D+i de Balidea, que intervirá no relatorio de peche “Innovación no ámbito socio sanitario. Leccións aprendidas”, para dar unha visión sobre innovación aplicada á mellora da calidade de vida das persoas maiores. Balidea, que leva anos apostando pola innovación no sector socio sanitario, foi convidada a través da “Cátedra Cruz Roja Española para a mellora da calidade de vida das persoas maiores”.

Na xornada tamén intervirá o catedrático Elísio Costa, da Universidade do Porto, e celebraranse dous obradoiros no que se presentarán propostas e solucións innovadoras que levan meses xestándose no marco dos mestrados de Psicoxerontoloxía e Xerontoloxía da USC.

Con esta xornada péchase un ciclo de seminarios dirixidos ao alumnado e profesorado destes mestrados. Para asistir é preciso cubrir este formulario de inscrición.