Balidea recibe do CPEIG o Premio A Noite polo seu permanente apoio á entidade colexial e á gala de referencia do sector TIC en Galicia

Balidea recibe do CPEIG o Premio A Noite polo seu permanente apoio á entidade colexial e á gala de referencia do sector TIC en Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de outorgarlle o Premio A Noite a Balidea polo seu permanente apoio á entidade colexial e á súa gala, o evento de referencia da informática en Galicia, que ano tras ano aglutina ás empresas máis destacadas do sector TIC en nuestra comunidad, xunto a personalidades do mundo empresarial, social e institucional.

Balidea recollerá o galardón na XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que terá lugar este venres 29 de outubro no Hotel Oca Puerta del Camino. No acto farase entrega das dez categorías de premios coas que os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas e persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática, que inclúen tamén premio para as empresas Emetel, Inycom e Minsait.

Co motivo do recoñecemento, o CEO de Balidea, Lorenzo Rodríguez, destacou o papel da Noite como cita de referencia e lugar de encontro cos membros da entidade colexial, “cuxa labor en prol deste sector nunca deixaremos de destacar” e agradeceu “que nos teñan permitido pasar con eles estes dez anos, que esperemos sexan moitos máis”.

Balidea recibe este recoñecemento polos seus vinte anos de experiencia no desenvolvemento especializado de software para administracións públicas e grandes empresas multinacionais. O CPEIG destaca o labor da empresa a través das súas áreas de intelixencia artificial e ciberseguridade, o que lle permite abarcar proxectos de innovación tecnolóxicamente vanguardistas. Así mesmo salienta que, xunto á satisfacción dos clientes, busca priorizar o benestar e a felicidade dos seus profesionais e colaboradores, non só como lema, senón como realidade diaria.

Comparte este post: