Calidade

Dende os nosos inicios, en BALIDEA apostamos pola estandarización e a excelencia na prestación de servizos para conseguir que a empresa, como organización, achegue valor en cada unha das nosas colaboracións.

Respectando esta filosofía, implantamos, xestionamos, integramos e certificamos distintas normas de calidade e modelos de traballo co fin de xestionar todos os nosos procesos operativos, tanto produtivos coma de xestión.

A nosa principal responsabilidade e un dos eixes da nosa sustentabilidade é ofrecer aos nosos clientes solucións e servizos innovadores e cuns altos estándares de calidade.

As metodoloxías de xestión de proxectos, calidade e seguridade de TI implantadas en BALIDEA pretenden garantir a calidade do servizo, mentres que os nosos consultores ofrecen un servizo personalizado e atención aos nosos clientes.

 

 

 

 

 

 

Canle de denuncias

O obxectivo da canle interna de información é a recepción, retención e tratamento das denuncias sobre as infraccións previstas no Protocolo de sistema interno de información - Canle de denuncias.

O procedimiento de investigación interna da información comunicada iniciará por medio de comunicación da persona informante que porá en coñecemento da persoa responsable do sistema interno de información a existencia dun determinado feito que puidera constituir as anteriormente referidas infraccións.

A canle interna permite que se informe por escrito ou verbalmente (incluíndo sistema de mensaxería de voz) do seguinte modo:

- A través deste formulario.

- Presencialmente na sede de BALIDEA na rúa Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 15705, Santiago de Compostela, ben sexa no buzón que se establece na recepción, ou ben solicitando unha reunión presencial dentro do prazo máximo de sete días.

- Por correo postal á dirección facilitada anteriormente.

- Por correo electrónico á dirección de canal.denuncias@balidea.com

No seu caso, advertirase á persona informante de que a comunicación será gravada e informaráselle do tratamento dos seus datos dacordo ao que establece o Regramento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016.

Ademáis, a quen realice a comunicación a través de canles internas informaráselles, de forma clara e accesible, sobre as canles externas de información ante as autoridades competentes e, no seu caso, ante as institucións, órganos ou organismos da Unión Europea.

Ao facer a comunicación, a persoa informante poderá indicar un domicilio, correo electrónico ou lugar seguro a efectos de recibir as notificacións.

As comunicacións verbais, incluídas as realizadas a través de reunión presencial, deberán documentarse dalgunha das maneiras seguintes, previo consentimento da persoa informante:
a) mediante unha gravación da conversación nun formato seguro, duradeiro e accesible, ou
b) a través dunha transcrición completa e exacta da conversación realizada polo persoal responsable de tratala.

Sen prexuízo dos dereitos que lle corresponden de acordo á normativa sobre protección de datos, ofrecerase á persoa informante a oportunidade de comprobar, rectificar e aceptar mediante a súa firma a transcrición da conversación.