Desenvolvemento

Desenvolvemento

JAVA, PHP, .NET, DRUPAL, SITECORE...

Balidea proporciona servizos integrais de desenvolvemento tecnolóxico capaces de responder ás demandas dos seus clientes.

Dispón dun equipo humano e técnico altamente cualificado e versátil, solvente para realizar traballos á medida, cumprindo os máis altos estándares de calidade.

A involucración dos nosos profesionais en cada proxecto e a proximidade cos nosos clientes permítenos coñecer as súas necesidades e ofrecerlles o software que lles achegue a mellor solución, tanto desde un punto de vista funcional como tecnolóxico.

En Balidea temos grupos de traballo especializados en diferentes linguaxes e plataformas (Drupal, Sharepoint, Java...), en continua relación cos desenvolvedores nacionais e internacionais destas tecnoloxías, con reciclaxe permanente en base ás últimas tendencias.

O noso equipo adáptase de maneira específica aos requirimentos do cliente, estando totalmente habituado ao traballo baixo metodoloxía métrica3, así como aos procesos áxiles e iteractivos con ferramentas específicas para a optimización do traballo en ambas as contornas.

A nosa empresa posúe unha ampla experiencia en desenvolvemento de software tanto libre como tecnoloxías propietarias.

Para máis información podes consultar os nosos proxectos.