Drupal

Balidea estará presente de novo como patrocinador na DrupalCamp Spain 2022

Tras dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia, volve outra edición de DrupalCamp para 2022 e na que Balidea participará como patrocinador Gold. A cidade escollida para celebrar o evento é Zaragoza e terá lugar do 3 ao 5 de xuño.

Balidea estará presente no business day, o primeiro día da DrupalCamp que se centra en negocio e empresas e cuxo obxectivo é facilitar o networking e presentar ideas ou proxectos desenvolvidos coa tecnoloxía Drupal.

ler máis

Nova web das Illas Atlánticas, desarrollada por Balidea

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) da Xunta de Galicia, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de publicar o novo portal web do Parque Nacional das Illas Atlánticas, desenvolvido por Balidea en Drupal 9, co obxectivo de constituír o punto de referencia para toda a información oficial relacionada con este espazo natural protexido.

ler máis

Balidea encargarase da evolución do portal de Les Corts Valencianes e da súa migración a Drupal 9

Balidea encargarase do servizo de mantemento e evolución do portal web de Les Corts Valencianes durante o próximos tres anos. O proxecto inclúe a migración do sitio á versión máis actualizada do seu xestor de contidos, neste caso Drupal 9. Abordaranse, ademais, servizos de mantemento preventivo, correctivo e adaptativo, así como a evolución funcional e gráfica do espazo web, realizando previamente unha análise da experiencia de usuario da plataforma actual para valorar posibles necesidades e melloras a ese nivel.

ler máis

Colaboramos no desenvolvemento do portal do novo centro GaiásTech da Xunta de Galicia

Colaboramos no desenvolvemento da plataforma web do novo centro GaiásTech da Xunta de Galicia, que acaba de inaugurar a súa actividade, centrada na transformación dixital da nosa comunidade. Localizado na Cidade da Cultura, actuará como un espazo para a demostración e experimentación en tecnoloxías avanzadas e de concentración do coñecemento tecnolóxico ao servizo das empresas, as administracións e a sociedade galega.

O proxecto web

ler máis

Balidea desenvolve novas seccións dentro da web da USC

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de presentar a última actualización do seu portal web coas novas seccións de Centros e Departamentos. Nesta renovación estética, funcional e operativa da web da USC tamén colaborou Balidea como empresa encargada de realizar o desenvolvemento tecnolóxico, no marco da segunda fase do novo portal web lanzado en decembro de 2019.

ler máis

Balidea desenvolve un novo portal en Drupal9 para o concello de Copenhague

O concello de Copenhague decidiu renovar a súa plataforma dixital ao completo, orientada tanto a cidadáns como a empregados internos. Por iso, e en colaboración co seu socio danés Kruso, Balidea acaba de comezar a desenvolver en Drupal9 o novo portal Evento, que aglutina un total de 32 portais web. Trátase dun proxecto complexo e ambicioso que poderá mellorar e optimizar as necesidades dos usuarios.

ler máis

O novo portal web da Universidade de Santiago de Compostela foi desenvolvido en Drupal 8 por Balidea

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de presentar o seu novo portal web, froito dun proceso que comezou hai un ano e no que se implicou a toda a comunidade universitaria. Balidea colaborou neste proxecto como empresa encargada de realizar o desenvolvemento tecnolóxico. O resultado é unha web que renova a comunicación externa da universidade.

ler máis

Balidea consigue dos premios a la mejor web educativa y a la mejor web institucional del año en la Drupal Camp Spain

 

Balidea logrou dous Splash Awards na Drupal Camp Spain 2019, o maior evento desta tecnoloxía que se celebra en España. Estes premios recoñecen os mellores proxectos do ano en España desenvoltos con Drupal. Os premios recolleunos este xoves en Conil de la Frontera (Cádiz) o director de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea, Diego Arias.

Das nove categorías existentes, Balidea triunfou en dúas.

ler máis

Boa acollida do novo portal de Les Corts Valencianes, un desenvolvemento realizado en Drupal 8 por Balidea

Les Corts Valencianes lanzou recentemente o seu novo portal web, que busca responder ás necesidades informativas e de servizos dixitais á cidadanía da institución, cumprindo os principios de transparencia e participación. A plataforma foi desenvolta por Balidea en Drupal 8, sobre unha arquitectura de alta dispoñibilidade, pensando na migración a unha tecnoloxía máis versátil, a mellora da experiencia de usuario e a adaptación ás novas tendencias web.

ler máis

Balidea, provedor do concello de Copenhague

Desde hai uns meses temos un novo cliente a nivel internacional, o concello de Copenhague, co que asinamos un contrato para o próximos catro anos. Esta institución dispón de máis de 300 sitios web onde presta todo tipo de servizos aos seus empregados e á cidadanía.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Drupal