I + D + I

O Reto FalAI, Premio Paraugas de Ouro 2023 e á mellor campaña de impacto positivo

O reto FalAI vén de ser recoñecido co Premio Paraugas de Ouro 2023, un dos galardóns especiais da VIII edición dos Premios Paraugas, que este ano se celebraron no Teatro Jofre de Ferrol e que recoñecen as iniciativas destacadas no ámbito do márketing e a comunicación a nivel galego. E non só iso, senón que tamén se fixo co premio na categoría de Mellor Campaña con Impacto Positivo.

ler máis

Presentamos en Bruselas a nosa contribución á igualdade dixital das linguas en Europa

Este martes, 27 de xuño, Balidea terá a honra de participar no META-FORUM 2023 en Bruxelas, un evento de referencia en Europa no ámbito da igualdade dixital das linguas. Fomos convidados a expoñer as nosas contribucións á Axenda Estratéxica de Investigación, Innovación e Implementación para alcanzar a plena igualdade dixital nas linguas europeas ata o ano 2030 (SRIA).

ler máis

Lanzamos o proxecto FalAI para recoller voces en galego que permitirán mellorar os asistentes conversacionais de dominio

Somos conscientes de que nos vindeiros anos a interacción co mundo dixital en ámbitos específicos como poden ser a saúde ou os trámites administrativos se realizará principalmente a través da voz. É por iso que esta mañá Balidea e o centro de investigación AtlanTTic da Universidade de Vigo presentamos o proxecto FalAI, que busca recoller voces en galego que permitan mellorar o recoñecemento da voz na nosa lingua en asistentes conversacionais de dominio como os sinalados.

ler máis

Balidea desarrolla con la empresa francesa AXYN un asistente virtual robotizado para mejorar la atención sociosanitaria de las personas mayores

 

ler máis

Balidea aposta por tecnoloxías da fala en galego

En Balidea apostamos polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan interaccionar co mundo dixital en galego.

ler máis

Balidea participa na proposta “Future: Fast Forward” de impulso do vehículo eléctrico co desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a integración de procesos de reciclaxe

  • “Future: Fast Forward” é un proxecto de país apoiado por unha agrupación de 62 empresas, lideradas polo Grupo Volkswagen e SEAT S.A.
  • A proposta foi rexistrada ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) coa ambición de converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa.
  • Balidea participa dentro do proxecto primario RELOAD, que ten como obxectivo contribuír á subministración de metais de alto valor na cadea industrial do VEC, impulsando un modelo sostible baseado na economía circular. 
ler máis

Vinte anos humanizando a tecnoloxía

Esta semana, durante os días 10 e 11 de novembro celébrase o Fórum RIES 2021, que chega á súa sexta edición impulsado polo Clúster Saúde de Galicia (CSG). Trátase dunha cita imprescindible para persoas, empresas e entidades interesadas nos retos internacionais que ha de afrontar o Ecosistema Saúde e que nesta edición centrarase na revolución dixital da atención sanitaria e os coidados.

ler máis

Presentamos Xestal, unha innovadora solución tecnolóxica para a xestión forestal con drons

Presentamos XESTAL (Xestión Forestal Sostible Mediante Teledetección Remota) no Centro Experimental Áncora (Cervo-Lugo, xestionado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia ITG), xunto aos nosos compañeros do consorcio creado para o desenvolvemento da proposta, as empresas Aeromedia (líder do proxecto), Cerna e Greenalia, en colaboración co centro tecnolóxico ITG, a Universidade de Santiago e co apoio da Xunta de Galicia.

ler máis

Finalizado o prototipo de ‘Smart Cardia’, a plataforma intelixente que facilita a xestión da rehabilitación cardíaca tras un infarto

Os resultados de ‘Smart Cardia’, unha plataforma que incorpora tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial (IA) para a xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaca en pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio, presentáronse onte en convocatoria virtual.

ler máis

Finalizado o prototipo de NETAV3A, o primeiro asistente virtual que fala galego e castelán para acompañar ás persoas maiores no seu día a día

Esta mañá presentáronse en convocatoria virtual os resultados do proxecto de innovación NETA V3A, que propón a robótica amigable como apoio para o envellecemento activo e o empoderamento das persoas adultas maiores. Na súa última anualidade finalizouse o prototipo de robot e o seu bot conversador, aplicando a base de conversa en galego e castelán.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - I + D + I