Balidea colabora co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para pór en marcha EscApp, unha aplicación específica para axudar as mulleres vítimas de violencia de xénero.
A EscApp é unha nova aplicación específica para vítimas de violencia de xénero pero tamén para aquelas persoas que coñezan algún caso de maltrato a mulleres. Permite obter información de apoio e acceder a recursos, coma centros de información á muller, comisarías ou hospitais, entre outros. Está dispoñible tanto en IOS coma en Android.