Salud

A Consellería de Sanidade e o SERGAS lanzan o Observatorio de Saúde Pública de Galicia, un desenvolvemento web realizado coa colaboración de Balidea

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) publicaron hoxe o portal web do “Observatorio Galego de Saúde Pública”, un espazo de datos sanitarios aberto e dinámico, “un antes e un despois” na maneira de achegar a información á cidadanía e aos profesionais.

ler máis

Balidea desarrolla con la empresa francesa AXYN un asistente virtual robotizado para mejorar la atención sociosanitaria de las personas mayores

 

ler máis

Balidea participa nunha xornada da USC en prol da innovación no ámbito sociosanitario

A xornada “Avanzando xuntos cara á Innovación no sector do Envellecemento”, que é o evento central do #SeniorInnovationLab, celebrarase o mércores 1 de decembro no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no marco do INVENTHEI (EIT - HEI Initiative), unha iniciativa centrada no impulso da capacida

ler máis

Balidea recibe os Premios á Innovación e o Coñecemento do Forum RIES 2021

Balidea acaba de recibir os premios á Innovación e ao Coñecemento do Forum RIES 2021, impulsado polo Cluster Saúde de Galicia (CSG), polos proxectos NETA e Smart Cardia. RIES21 celebrouse os días 11 e 12 de novembro no Balneario de Mondariz co obxectivo de analizar os retos internacionais do ecosistema da saúde, en particular a revolución dixital da atención sanitaria e os coidados.

ler máis

Vinte anos humanizando a tecnoloxía

Esta semana, durante os días 10 e 11 de novembro celébrase o Fórum RIES 2021, que chega á súa sexta edición impulsado polo Clúster Saúde de Galicia (CSG). Trátase dunha cita imprescindible para persoas, empresas e entidades interesadas nos retos internacionais que ha de afrontar o Ecosistema Saúde e que nesta edición centrarase na revolución dixital da atención sanitaria e os coidados.

ler máis

Balidea colabora con SACYL para o desenvolvemento do sistema de Autocita da cidadanía nas campañas de vacinación Covid-19

Balidea continúa colaborando coa Xerencia Rexional de Saúde de Castela e León ( SACYL) no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas relacionadas coa loita fronte á Covid-19. É por iso que participou na posta en marcha do sistema de Autocita da cidadanía nas campañas de vacinación e doutra plataforma para o rexistro de probas covid e emisión de certificados COVID dixital UE en laboratorios externos.

ler máis

Finalizado o prototipo de ‘Smart Cardia’, a plataforma intelixente que facilita a xestión da rehabilitación cardíaca tras un infarto

Os resultados de ‘Smart Cardia’, unha plataforma que incorpora tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial (IA) para a xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaca en pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio, presentáronse onte en convocatoria virtual.

ler máis

Balidea desenvolve con SACYL ferramentas para a xestión de campañas de cribado e vacinación fronte á Covid-19

Nos últimos meses Balidea colaborou coa Xerencia Rexional de Saúde de Castela e León (SACYL) no desenvolvemento de varios proxectos especialmente relacionados coa loita fronte á Covid-19.

Destacan pola súa relevancia na situación de pandemia e por estar actualmente en uso por parte de SACYL dous destes sistemas, os denominados VACO e CRCO, para a axuda á planificación e xestión de campañas de vacinación e á xestión das campañas de cribados selectivos con antíxenos de segunda xeración.

ler máis

Finalizado o prototipo de NETAV3A, o primeiro asistente virtual que fala galego e castelán para acompañar ás persoas maiores no seu día a día

Esta mañá presentáronse en convocatoria virtual os resultados do proxecto de innovación NETA V3A, que propón a robótica amigable como apoio para o envellecemento activo e o empoderamento das persoas adultas maiores. Na súa última anualidade finalizouse o prototipo de robot e o seu bot conversador, aplicando a base de conversa en galego e castelán.

ler máis

Novo portal web da Axencia de Coñecemento en Saúde, desenvolto por Balidea

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) do Sergas acaba de estrear o seu novo portal web, un espazo accesible, visual e responsive, é dicir, adaptado a todos os dispositivos móbiles. Deseñouse pensando en establecer un modelo de portal adaptable para calquera área, centro ou fundación dependentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), personalizando a súa imaxe e estrutura. Balidea encargouse do seu desenvolvemento, soporte, xestión de permisos e formación de persoas usuarias.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Salud