O proxecto ADESTRA-TRAFFIC ( Exp. TSI-100107-2017-16) ten como obxectivo a aplicación de tecnoloxías de visión artificial e de captación, procesado e xestión de vídeos para construír sistemas que faciliten e fomenten contornas de mobilidade urbana sustentable e segura.
As cámaras de vídeo fixéronse presentes na nosa vida cotiá de forma natural. A gravación de vídeo converteuse nun medio económico de adquirir gran cantidade de información, e cobra especial relevancia no ámbito do tráfico e a seguridade viaria.
Agora ben, normalmente a presenza dunha videocámara non evita a necesidade dunha persoa visionando imaxes e tomando decisións. ADESTRA- TRAFFIC ten por obxectivo superar eses inconvenientes, de forma que a análise das imaxes de forma autónoma permita xerar determinadas alertas para, nuns casos, evitar situacións de risco e, noutros, mellorar a seguridade da circulación de vehículos e a súa interacción cos peóns.
As distintas variables do mesmo atópanse relacionadas unhas con outras, de forma que a combinación delas dará lugar a un sistema por unha banda xerador de información e por outra subministrador da mesma conectado a tres niveles:
O sistema final dispoñerá de 4 módulos diferenciados, sendo produtos interconectados pero despregables de maneira unitaria, para adaptarse ás necesidades dos potenciais clientes. Son os seguintes:
O alcance do proxecto inclúe:
O proxecto conta para o seu desenvolvemento cunha axuda por parte do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco da convocatoria Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital (subprograma Impulso Tecnolóxico) do ano 2017. O plan de proxecto contempla o seu desenvolvemento do 1 de setembro de 2017 ao 31 de decembro de 2018.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint
Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte