SIGUE

SIGUE é unha innovadora plataforma que inclúe unha APP para smartphones e tablets que permite a relación integral dos cidadáns e profesionais cos edificios sanitarios, Posibilita a localización e encamiñado dos pacientes tanto no exterior coma no interior dos edificios sanitarios, así como a súa integración con sistemas de información de cita sanitaria e a visualización de puntos de interese para o cidadán utilizando técnicas de realidade aumentada. O sistema permite, entre outras funcións:

- Calcular a ruta máis curta ata o edificio sanitario seleccionado segundo o medio de transporte elixido: a pé, en coche, en transporte público ou mediante unha combinación de ambos os dous
- Coñecer os lugares de aparcadoiro público, parada de autobús, parada de taxi e outros puntos de interese situados nas inmediacións dos edificios sanitarios
- Identificar os accesos máis directos aos edificios sanitarios aos que o paciente debe acudir
- Detectar a situación do usuario para que, en caso de atraso na chegada a unha cita, o sistema poida facer seguimento
- Xestionar de xeito intelixente as citas dos cidadáns, incluíndo citas múltiples nun mesmo día, de maneira que poida minimizar o tempo en que o paciente debe estar no centro en función da evolución das diferentes consultas
- Comunicar automaticamente a chegada do cidadán ao edificio, de forma que non sexa necesario retirar un billete dun quiosco
- Guiar o paciente dende a súa posición no interior do edificio ata o lugar de destino ao que debe acudir
- Proporcionar información sobre o tempo de espera estimado ata a súa cita e ofrecerlle alternativas de ocio e hostalaría durante a espera, información sanitaria, vídeos promocionais e consellos de saúde
- Permitir comunicación automática por iniciativa do paciente ou do profesional, para avisar de posibles atrasos na hora da cita, e alertar cando o tempo de chegada estimado en función da localización do paciente supere o previsto para a súa cita
- Posibilitar a emisión de sinais de localización para que os acompañantes ou visitantes saiban en que lugar se encontra o paciente, e mesmo lles indicar a ruta ata el, limitando as visitas cando se encontran en áreas de acceso restrinxido

A APP fai uso da conexión de datos do dispositivo móbil para a consulta dos planos e o intercambio de información coa plataforma.

Para o posicionamento, no exterior fai uso do sinal GPS captado polo Smartphone e no interior utiliza tanto os sinais das redes wifi dos centros, coma os sinais que emiten as balizas bluetooth Low Energy (BLE - beacons) instaladas nos edificios.

Debemos destacar que se trata dun sistema de gran precisión, que permite o cambio automático de planta dentro dun mesmo edificio, e que sempre identifica o usuario dentro da sala na que se encontra.

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

ProtGal

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, I+D+i, LAMP, Portal web, Saúde

Escolas na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Educación, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Fides

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte

Bedrebolig

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web

Sede Electrónica de la USC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas

SEMAGA. Proxecto de xestión de trazabilidade nos matadoiros.

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Sistema de xestión da calidade na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

Deseño e desenvolvemento dunha rede interactiva de puntos de recarga do vehículo eléctrico

Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade

Lidera o teu futuro - Portal Muller

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Portal web, Saúde

Fisiorob

Consultoría, I+D+i, Mobilidade, Saúde

SmartED: Sistema intelixente de xestión de urxencias hospitalarias

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

UNITAR Instituto das Nacións Unidas para a Formación e a Investigación

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte

EFCA Desenvolvemento de  Software e mantemento de aplicacións corporativas

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint

Servizo de soporte, mantemento e despregamento dos diferentes portais web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde

Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte

ADESTRapp

Consultoría, Desenvolvemento, Internacional, I+D+i

ADESTRA-TRAFFIC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Sistemas