Balidea lanza ADESTRapp, unha innovadora aplicación que capta, transmite e permite a análise de vídeo aplicado a contornas de competición, adestramento e arbitraxe. Esta tecnoloxía está pensada para sacar o maior rendemento da actividade deportiva. Foi desenvolvida por Balidea como proxecto interno de I+D+i en colaboración coa Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia) da Universidad da Coruña.
O dispositivo permítenos captar e analizar imaxes en tempo real, adaptándose perfectamente a calquer movemento ou exercicio que queiramos estudar detalladamente. Ao mesmo tempo, o software desta ferramenta fai posible a edición personalizada de vídeos, polo que cada usuario pode xestionar xestión de forma individual as imaxes: repeticións, rebobinado, velocidade, zoom, ver a imaxen con retardo... así como realizar o corte segudo interese, para a sua posterior descarga e almacenamento.
Outra característica fundamental de ADESTRapp é que estamos ante un sistema totalmente autónomo, non precisa de cableado nin conexión eléctrica e funciona con tecnoloxía Wi-Fi propia. Isto, sumado ás súas escasas dimensións e peso (apenas 400 gramos e do tamaño dunha cámara compacta), fano accesible en múltiples contornas: adestramentos, partidos de competición, axuda á arbitraxe, etc.
ADESTRapp probouse en diferentes ámbitos deportivos e conseguiu un alto grao de satisfacción por parte dos deportistas que empregaron a apliación. No eido do fútbol profesional, usárono con resultados positivos o Atlético de Madrid, o R.C. Deportivo, o Leganés, o Málaga C.F., o Real Betis Balompié, o Al Nasr Club de Dubai, o Shangai Shenhua... Tamén o están usando clubs doutras disciplinas deportivas, como o Obradoiro CAB de baloncesto ou o Judo Club Coruña, entre outros.
Consulta todas as súas funcionalidades nesta ligazón: www.ADESTRapp.com.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint
Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte