O novo portal web da Universidade de Santiago de Compostela foi desenvolvido en Drupal 8 por Balidea

O novo portal web da Universidade de Santiago de Compostela foi desenvolvido en Drupal 8 por Balidea

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de presentar o seu novo portal web, froito dun proceso que comezou hai un ano e no que se implicou a toda a comunidade universitaria. Balidea colaborou neste proxecto como empresa encargada de realizar o desenvolvemento tecnolóxico. O resultado é unha web que renova a comunicación externa da universidade.

O novo portal web constrúese sobre unha base tecnolóxica completamente nova, empregando Drupal 8 como xestor de contidos. Isto supón unha nova vantaxe para a USC, xa que conta cunha ampla comunidade de desenvolvedores e está moi estendido, tanto entre os equipos técnicos da universidade como entre as empresas do sector. O novo portal é completamente responsive, dando prioridade á navegación desde dispositivos móbiles.

Comparte este post: