BalaKDix4.0

Balidea Consulting & Programming S.L. e Kaldos Formación e Consultoría S.L. desenvolven o proxecto BalaKDix4.0 para a dixitalización de procesos de negocio, a través dos cales se relacionan as súas actividades empresariais. Este proxecto foi beneficiario na convocatoria 2018.2 das axudas do IGAPE Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O desenvolvemento baséase na implementación, adaptación e configuración dun sistema de planificación e xestión de recursos empresariais, que supoñerá un incremento substancial das respectivas cadeas de valor, e unha mellora na integración funcional dos seus procesos operativos principais no ámbito comercial e loxístico.

O proxecto define dous obxectivos fundamentais:

1) Dotar ás empresas, a nivel individual, de capacidade funcional para realizar todas as tarefas de xestión relacionadas coas súas diferentes áreas funcionais. Esta capacidade funcional deberá estar integrada nun único sistema, permitindo aumentar a cadea de valor empresarial mediante a integración e optimización de datos e procesos.

2) Proporcionar unha contorna de integración de procesos operativos inter-empresariais, que optimice as relacións establecidas como cliente e provedor.

De acordo co primeiro obxectivo, a solución debe proporcionar cobertura funcional sobre os seguintes aspectos:

  • *Xestión integral de clientes e provedores, permitindo o seu rexistro, control e clasificación.
  • *Sistema de seguimento de relacións con clientes e provedores ( CRM).
  • *Xestión do ciclo completo dos pedidos de compras, desde orzamentos a pedidos consolidados.
  • *Xestión do ciclo completo de pedidos de venda, desde o proceso de orzamento a pedido consolidado. Integración co ciclo de análise de oportunidades que permite xestionar iniciativas, licitacións e concursos.
  • *Xestión de facturación, tanto de compras como vendas.
  • *Contabilidade financeira adaptada á normativa vixente do Plan Xeral Contable de España, coas ferramentas necesarias para a integración dixital de procesos coas administracións públicas (SII e modelos de xeración automática de informes para a AEAT).
  • *Contabilidade analítica que proporcione ferramentas necesarias para a análise da actividade, fornecendo información útil para a toma de decisións.
  • *Xestión de stocks, almacéns e localizacións para o control da mercadoría que se atopa nas instalacións da compañía, xestión de albaráns internos e de entrada/saída, e control de trazabilidade.
  • *Xestión da frota de vehículos, para levar o control dos distintos vehículos propiedade da empresa, contratos de aluguer/leasing, control de gastos, revisións, etc.
  • *Xestión de recursos humanos, que permita a xestión dos datos de empregados, procesos de selección, xestión de ausencias, control de tarefas, etc.
  • *Xestión de proxectos, permitindo levar o control da evolución dos proxectos de desenvolvemento, tarefas, etapas e esforzo investido. Control e xestión da rendibilidade.

Polo que respecta ao segundo obxectivo, o sistema proporcionará capacidade para integrar procesos operativos entre ambas as empresas, que faciliten aspectos fundamentais relacionados con:

  • *Integración de procesos automáticos de pedidos e facturación.
  • *Integración da xestión de proxectos comúns ou subcontratados.

 

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Páxina web do Amtega

Xestión, Liferay, Outsourcing, Portal web, Soporte

Portal web do Concello de Baiona

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Intranet Corporativa do IGAPE

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Portal web, SharePoint, Soporte

Oficina Virtual do Igape

Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Outsourcing, Portal web

Escolas na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Educación, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Fides

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte

Sede Electrónica de la USC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas

EPIDAT

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Java, Saúde, Saúde pública

SEMAGA. Proxecto de xestión de trazabilidade nos matadoiros.

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde

Oficina Virtual Económica do Concello da Coruña

Desenvolvemento, Xestión, Java, Outsourcing, Portal web

Intranet do IGAPE

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Outsourcing, Portal web, Sistemas

ALBEGA

Desenvolvemento, Xestión, Java, Mobilidade, Outsourcing, Saúde, Saúde pública

Soporte informático aos órganos xudiciais de toda España

Desenvolvemento, Xestión, Sistemas, Soporte

LASAPAGA. Sistema de Xestión dos Laboratorios de Sanidade Animal

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Outsourcing, Saúde

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Oficina virtual económica do concello

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Java, Outsourcing

Sistema de xestión da calidade na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

Lidera o teu futuro - Portal Muller

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Portal web, Saúde

Reenxeñería do Proceso Sancionador do Goberno Vasco

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

SmartED: Sistema intelixente de xestión de urxencias hospitalarias

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Diputación de Barcelona

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Soporte

SIGUE

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Interiores, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

EFCA Desenvolvemento de  Software e mantemento de aplicacións corporativas

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint

ADESTRA-TRAFFIC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Sistemas