MSaúde

Plataforma de homologación de apps e contidos para a autogestión da enfermidade e empoderamento de pacientes

A saúde móbil (mHealth), aplicación de tecnoloxías á atención sanitaria, disparouse nos últimos anos e seguirá medrando. Necesitamos coñecer o grao de credibilidade e fiabilidade das aplicacións de saúde en aspectos como evidencia científica, protección de datos ou interese do contido.

O obxectivo da plataforma mSaúde do Servizo Galego de Saúde é precisamente establecer un proceso de certificación por entidades de confianza de apps de saúde para a súa posible prescrición e/ou utilización. O proceso implicará a participación de organizacións de recoñecida reputación en temas sanitarios como servizos de saúde e a colaboración doutros actores como consultores tecnolóxicos, pacientes…

A certificación das ferramentas dará lugar á creación dun catálogo de apps certificadas para consulta por usuarios finais ou polas propias organizacións, a través do portal público de mSaúde.

Desde a aplicación de xestión, parte privada de mSaúde, realizarase a xestión do proceso de certificación das Apps e homologación de entidades colaboradoras, ademais da propia administración e configuración da plataforma.

No proceso de homologación poden participar tanto empresas, como fabricantes ou auditores, profesionais da saúde e pacientes ou a cidadanía.

Tecnoloxías

A arquitectura de plataforma mSaúde constará dun Frontend e Backend completamente desacoplados.

O backend de mSaúde foi deseñado como unha arquitectura Java baseada en microservizos con Oracle como sistema xestor de base de datos. mSaúde incorporará Smart Contracts despregados sobre Ethereum para a creación dun rexistro descentralizado.

Foi deseñada cun enfoque orientado a servizos o que facilita a integración con sistemas de xestión hospitalaria en prescrición ou recomendación.

Permitirá tamén incorporar datos de homologación doutras organizacións e promover estratexias de interoperabilidade (federación) .

A integración con blockchain está pensada para funcionar como un rexistro descentralizado que achegue seguridade no intercambio de información.

Este proxecto enmárcase dentro do plan de innovación sanitaria Código 100, executado no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación, financiado nun 80% polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirregional de España ( POPE) 2014-2020.

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Portal web do Concello de Baiona

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Portal web do Concello de Oleiros

Desarrollo, Gestión, Intranet, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Portal web do Concello de Cervo

Desenvolvemento, Java, Liferay, Portal web

Fides

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte

Sede Electrónica de la USC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas

EPIDAT

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Java, Saúde, Saúde pública

Oficina Virtual Económica do Concello da Coruña

Desenvolvemento, Xestión, Java, Outsourcing, Portal web

ALBEGA

Desenvolvemento, Xestión, Java, Mobilidade, Outsourcing, Saúde, Saúde pública

Oficina virtual económica do concello

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Java, Outsourcing

Deseño e desenvolvemento dunha rede interactiva de puntos de recarga do vehículo eléctrico

Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade

Portal web da Universidade de Vigo

Desenvolvemento, Java, Outsourcing, Portal web, Soporte

Reenxeñería do Proceso Sancionador do Goberno Vasco

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Diputación de Barcelona

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Soporte

EFCA Desenvolvemento de  Software e mantemento de aplicacións corporativas

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint