Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Balidea colabora neste proxecto co desenvolvemento dunha rede multicanle que permita a comunicación entre os pacientes crónicos e entre estes e o persoal sanitario. A plataforma pretende ser unha rede social de comunicación de recomendacións e hábitos de vida saudables que permitan un mellor control das enfermidades crónicas.

No seu conxunto o proxecto está sendo executado polo consorcio formado polas empresas Balidea, Indra, InfoJC e Televés.

Este consorcio, coa colaboración do Centro Tecnolóxico das Comunicacións de Galicia (Gradiant) e da Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario de Vigo, desenvolve un sistema que permite ter os pacientes crónicos monitorizados de forma remota dende os seus fogares e que emite alerta ás persoas responsables destes en caso de detección de parámetros anormais.

O proxecto está cofinanciado dentro do programa FEDER-INNTERCONECTA polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Economía e Competitividade, polo Fondo Tecnolóxico e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), así como pola Axencia Galega de Innovación.

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

RISING

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Avellentamento activo

NETA V3A

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Saúde pública, Sistemas, Avellentamento activo