RECUPERA

RECUPERA: sistema de apoio para a recuperación de funcionalidades de pacientes afectados por dano neurolóxico

Orzamento: 862.390,17. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 456.636,17 €.

Convocatoria: Conecta Peme 2016 (Procedemento IN852A)

Socios: Colaboración intersectorial

O consorcio, liderado por Balidea (empresa do sector TIC que desenvolve e integra software en contornas sanitarias), complétano DGH (enxeñería de desenvolvemento de solucións robotizadas a nivel industrial), FICCIÓN (entidade dedicada á produción audiovisual e ao deseño de contornas visuais), I3TE (enxeñería de desenvolvemento de solucións a medida para adquisición simultánea de sinais) e, por último, Povisa (hospital privado máis grande de España que se encargará da validación clínica do sistema desenvolvido).

Esta agrupación de empresas conta coa colaboración de Aimen Centro Tecnolóxico.

Descrición: O proxecto RECUPERA propón unha nova solución, baseada na combinación da robótica con contornas virtuais inmersivas de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidades de rehabilitación neuromotora, co obxectivo principal de poder levar a cabo ensaios clínicos en persoas con patoloxías neurolóxicas.

RECUPERA nace como continuación do proxecto  FISIOROB onde se desenvolveu un primeiro prototipo funcional que asegura a viabilidade de utilizar unha solución robotizada colaborativa xunto con realidade virtual en sesións de rehabilitación.

Este sistema  robotizado modular permitirá asistir aos pacientes en todas as fases de recuperación, desde a máis crítica cando o paciente non ten capacidade neuromotora apreciable, pasando pola etapa onde se ten capacidade de movemento, pero non resistencia, ata a fase previa á alta médica cando o paciente ten capacidade suficiente de movemento, pero un escaso control motriz.

Principais fitos acadados

Nesta última anualidade do proxecto conseguiuse finalizar o desenvolvemento, centrándose na integración dos principais subsistemas, conseguindo un prototipo totalmente funcional que aúna o desenvolvemento dos principais alicerces sobre os que se baseou RECUPERA: unha contorna de Realidade Virtual con exercicios avanzados, un sistema de sensores inerciais para a localización en 3D, un control mellorado e un sistema informático que integra control, interface gráfica e almacenamento en BBDD.

Así, por parte de Ficción Producións traballouse na finalización da contorna de realidade virtual, así como en acabar todos os exercicios que se expuxeron ao comezo do proxecto. O acabado final dos exercicios consegue outorgarlle un alto grao de realismo á contorna na que se desenvolven cada un deles.

I3TE finalizou o desenvolvemento hardware dos sensores inerciais que permiten a localización no espazo do brazo san, así como dos obxectos reais que se poidan utilizar nos exercicios definidos para ese efecto. Así mesmo, realizouse a implementación da parte software co obxectivo de filtrar as medidas adquiridas e conseguir a precisión necesaria na localización.

Balidea traballou na finalización de dous importantes desenvolvementos dentro do proxecto. Por unha banda, a optimizouse e evolucionouse a interface gráfica ata obter os obxectivos definidos ao comezo do proxecto. Ademais, finalizouse tamén a base de datos encargada de almacenar os resultados de cada exercicio, para a súa posterior análise e comparación entre pacientes. Como segundo desenvolvemento Balidea conseguiu desenvolver un novo sistema de análise de vídeo aplicado ás terapias de rehabilitación.

DGH, co soporte de Aimen, centrouse na modificación e a optimización de movemento do brazo robótico, adaptándose ao espazo existente para cada exercicio, o cal é relativamente pequeno, necesitando unhas velocidades baixas de movemento, así como dunha alta precisión. Ademais, a optimización conseguida permitiu reducir o tempo de aprendizaxe para novos pacientes.

Nesta última anualidade realizáronse probas con persoas sas, co obxectivo de demostrar que o aparello mostra información obxectiva de valores cinéticos e cinemáticos, que non é lesivo e que os parámetros poden mellorar co adestramento. Ademais, grazas a estas probas xeraranse patróns de comportamento que permitirán comparativas entre pacientes reais e os datos de persoas sas.

Prototipo final de RECUPERA.

Proxecto cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

 

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Portal web do Concello de Baiona

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Intranet Corporativa do IGAPE

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Portal web, SharePoint, Soporte

Oficina Virtual do Igape

Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Outsourcing, Portal web

ProtGal

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, I+D+i, LAMP, Portal web, Saúde

Escolas na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Educación, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing

En Serie, Portal de Series

Desenvolvemento, Drupal, LAMP, Outsourcing, Portal web

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Portal web do Concello de Cervo

Desenvolvemento, Java, Liferay, Portal web

Fides

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte

Speakerbooking.dk

Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web

Bedrebolig

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web

Sede Electrónica de la USC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas

EPIDAT

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Java, Saúde, Saúde pública

SEMAGA. Proxecto de xestión de trazabilidade nos matadoiros.

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde

Oficina Virtual Económica do Concello da Coruña

Desenvolvemento, Xestión, Java, Outsourcing, Portal web

Intranet do IGAPE

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Outsourcing, Portal web, Sistemas

ALBEGA

Desenvolvemento, Xestión, Java, Mobilidade, Outsourcing, Saúde, Saúde pública

Soporte informático aos órganos xudiciais de toda España

Desenvolvemento, Xestión, Sistemas, Soporte

LASAPAGA. Sistema de Xestión dos Laboratorios de Sanidade Animal

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Outsourcing, Saúde

Aplicación para Android "Casas Rurais Amigas"

Desenvolvemento, Mobilidade, Outsourcing

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Oficina virtual económica do concello

Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Java, Outsourcing

Sistema de xestión da calidade na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

Deseño e desenvolvemento dunha rede interactiva de puntos de recarga do vehículo eléctrico

Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade

Portal do COMC.es

Desenvolvemento, LAMP, Outsourcing, Portal web, Saúde

Kalto.dk, atopa ao teu consultor en Dinamarca

Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web

Lidera o teu futuro - Portal Muller

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Portal web, Saúde

Institut Barcelona Esports

Desenvolvemento, LAMP, Outsourcing, Portal web

Portal web da Universidade de Vigo

Desenvolvemento, Java, Outsourcing, Portal web, Soporte

Maqueta interna da Xunta de Galicia, Maqint

Desenvolvemento, Intranet, Outsourcing, Portal web, Saúde

Intranet do Servizo Galego de Saúde

Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Sistemas

Reenxeñería do Proceso Sancionador do Goberno Vasco

Desenvolvemento, Xestión, Java, Liferay, Outsourcing, Portal web

Portal y rede de webs das bibliotecas de Galicia

Desenvolvemento, Drupal, LAMP, Outsourcing, Portal web

Parnet-tic

Desenvolvemento, Internacional

SmartED: Sistema intelixente de xestión de urxencias hospitalarias

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

UNITAR Instituto das Nacións Unidas para a Formación e a Investigación

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte

Diputación de Barcelona

Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Soporte

SIGUE

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Interiores, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

EFCA Desenvolvemento de  Software e mantemento de aplicacións corporativas

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint

ÁGORA - Definición e implantación de políticas de portais

Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint

Servizo de soporte, mantemento e despregamento dos diferentes portais web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde

Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte

ADESTRapp

Consultoría, Desenvolvemento, Internacional, I+D+i

PREBENCAR

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde

RISING

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Avellentamento activo

PLAN DE INNOVACIÓN DE BALIDEA

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde pública

ADESTRA-TRAFFIC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Sistemas

eCardioSurf

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Saúde pública, Sistemas

NETA V3A

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Saúde pública, Sistemas, Avellentamento activo

Proxecto Piloto de Smart Cardia

Avellentamento activo, Desenvolvemento, I+D+i, Saúde

Traffic On Cloud

Desenvolvemento, I+D+i, Sistemas