Acrónimo do proxecto: Smart Cardia
Título do proxecto: Plataforma intelixente e predictiva de soporte á xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaco
Actividade subvencionada: desenvolvemento experimental
Localización da operación: Santiago de Compostela, A Coruña
Empresa beneficiaria, líder da agrupación: Balidea
Outros beneficiarios: SM Tecnología, SLU; Imagames Gamification Services S.L.
Centros de investigación participantes: Fundación IDIS, CITIUS (USC)
Data de inicio do proxecto: 01/06/2018
Data de remate do proxecto: 30/09/2020
Obxectivo do proxecto:
O obxectivo do proxecto Smart Cardia é desenvolver unha plataforma intelixente, preditiva e de fácil usabilidade que xestione de forma integral e áxil o proceso de rehabilitación cardíaca e prevención secundaria cardiovascular. O uso desta plataforma mellorará o estado dos pacientes ao favorecer o seguimento dos plans de saúde e predicir o beneficio que devanditos plans poden ter. Ao mesmo tempo, facilitaralles aos profesionais sanitarios o seu traballo, ao dotalos de ferramentas que permitirán unha interacción intelixente cos pacientes e co propio proceso de rehabilitación cardíaca.
SMART CARDIA comezou en xuño de 2018 e rematou en decembro de 2020.
Principais avances 2019:
Durante a segunda anualidade do proxecto completouse a definición da plataforma desde un punto de vista médico e deseñouse a plataforma tecnolóxica que pretender implementar devandito coñecemento. Traballouse no módulo de xestión intelixente, o módulo de adquisición automática da información, módulo de procesado e integración de imaxe médica e iniciáronse os módulos de xeración automática de informes, interfaces clínicas intelixentes e de procesado de linguaxe natural. Do bloque de gamificación estívose traballando no deseño dos xogos e as intefaces gráficas. Empezouse a traballar no algoritmo de predición para a asignación intelixente de recursos.
Principais avances 2020:
Durante esta intensa terceira anualidade rematáronse todos os desenvolvementos iniciados en 2019: interfaces gráficas e interfaces clínicos intelixentes, módulos de xestión intelixente e de xeración de linguaxe natural e o editor de xogos orientados a plans de saúde. Tamén se levaron a cabo as integracións de todos os módulos e a validación de SMART CARDIA por parte do persoal do programa de rehabilitación cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Palabras clave: Procesado de Linguaxe Natural (PLN), Smart Glasses, Gamificación, Deep Learning, Xeración Automática de Informes.
Código do proxecto: IN852A 2018/62
Obxectivo principal da operación:
OT1 “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”, P.O Feder Galicia 2014-2020.
Proxecto subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i