Understaid

Balidea participa nun proxecto europeo do programa AAL-JP que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha plataforma que preste asistencia ás persoas coidadoras informais de doentes con demencias (expte: AAL-010000-2013-16).

A súa finalidade é facilitar a vida destas persoas coidadoras informais mediante o desenvolvemento dunha plataforma TIC educativa e de apoio, personalizada e centrada nas súas necesidades actuais e de situacións futuras. Esta ferramenta axudarálles a manexar o día a día mellorando os coidados e evitando o estrés que provoca a convivencia diaria coa enfermidade.

O proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, xunto coa Comisión Europea, e executado en consorcio, polas seguintes empresas:

  • Sekoia Assisted Living Aps
  • Faculty of Health Sciencie, Via University College
  • Danish Alzheimer Association
  • Skanderborg Municipality
  • Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
  • BALIDEA Consulting and Programming
  • Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados de A Coruña
  • Poznan University of Medical Sciences
  • Poland and Wiktor Dega's Orthopaedic and Rehabilitation Clinical Hospital
  • Poznan University od Medical Sciences

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

RISING

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Avellentamento activo

NETA V3A

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Saúde pública, Sistemas, Avellentamento activo

Proxecto Piloto de Smart Cardia

Avellentamento activo, Desenvolvemento, I+D+i, Saúde