Xestal

Acrónimo do proxecto: Xestal

Título do proxecto: Ordenación e xestión forestal sostible mediante teledetección remota

Actividade subvencionada: desenvolvemento experimental

Localización da operación: Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña

Empresa beneficiaria, líder da agrupación: Aeromedia UAV, S.L.

Outros beneficiarios: Balidea; Cerna Ingeniería y Asesoría Medioambiental, S.L.P.; Greenalia Forest, S.L.

Data de inicio do proxecto: 01/06/2018

Data de remate do proxecto: 30/09/2020

Obxectivo do proxecto:

O proxecto Xestal concíbese co obxecto xeral de desenvolver unha ferramenta tecnolóxica hardware e software dirixida principalmente a enxeñarías ambientais e xestores forestais, que permita optimizar procesos clave na xestión dos recursos forestais, mediante a automatización e redución de custos da toma de datos, a dispoñibilidade de información actualizada e de valor engadido para unha mellora na toma de decisión, control e execución das diferentes actuacións que implican os Plans de Ordenación Forestal.

Durante a última anualidade do proxecto acadáronse os obxectivos propostos, en concreto rematouse o desenvolvemento da ferramenta tecnolóxica hardware e software que permite dixitalizar a xestión dos recursos forestais a partir da toma de datos automatizados mediante UAVs.

En concreto, desenvolvéronse modelos matemáticos que permiten, a partir de datos LIDAR, obter a información necesaria para realizar o inventario e seguemento dunha masa forestal. Esta información pode xestionarse a través dunha ferramente GIS-WEB que inclúe as funcionalidades necesarias para realizar a xestión forestal de forma remota e na nube.

Ademais, tal e como estaba previsto, rematouse o desenvolvemento dun prototipo de UAV VTOL (Vertical Take-Off and Landing). Este tipo de aeronaves proporcionan as características idóneas para realizar as operacións de captura de datos forestais, pola súa finalidade para executar o despegue e aterraxe e por permitir cubrir grandes áreas de forma máis rápida.

A validación de todo o sistema levouse a cabo en diferentes ubicacións forestais en Galicia e ao longo de todo o proxecto, realizando mostreos a pé e empregando metodoloxías de mostreo estatístico con parcelas circulares e medición mediante ferramentas convencionais.

Palabras clave: UAV VTOL Vehículo aéreo non tripulado mixto, XIS, LÍDAR e cámara multiespectral, caracterización e clasificación forestal

Código do proxecto: IN852A 2018/98

Obxectivo principal da operación:

OT1 “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”, P.O Feder Galicia 2014-2020.

Compartir: